Acceso Escuelas

Contacto

Logo Fundación Vicente Ferrer

header

Comparte

Este ano celebramos a 11ª edición do noso tradicional rastro solidario

25/06/2019

manabadi

Escuela
Virxedacela
Contenido

Este ano celebramos a 11ª edición do noso tradicional rastro solidario. Nel recadamos 147,12 euros. Ademais o noso alumnado creou uns parcapáxinas que venderon. Con todo isto e coa caixa de doazós conseguimos recadar 123 euros máis. O total de toda a recadación o donamos á Fundación Vicente Ferrer para a construción dunha escola na India.

 

Por outra banda, a nosa escola colabora tamén coa Fundación a través de School to School, un proxecto de intercambio cultural entre escolas de España e da India. Co obxectivo de que os nenos e nenas da India gocen e descubran a nosa cultura e o patrimonio inmaterial, no CPI Virxedacela preparamos, entre outros materiais, un informe visual do que foi a celebración do “Antroido “ (Carnaval) na nosa escola. Grazas á nosa mestra de inglés de primaria, o alumnado foi quen de traducir todos os materiais ao inglés.